Carballo | Denuncian pouca planificación nas obras da rúa Vila de Laxe

1 minutes read

Veciños próximos e tamén usuarios das rúas Gran Vía e Vila de Laxe en Carballo formularon estes días a este medio varias queixas polo modo en que a empresa concesionaria das obras deixou o estado das mesmas durante a fin de semana. O que máis lle preocupa á veciñanza é o valado perimetral, afirman «que os valos que delimitan as obras non están o suficientemente suxeitos, caen e xorde o perigo de que algún neno se poida precipitar sobre elas ou na gabia». Ademais advirten de que se xerou a «apertura dunha canle na intersección coa rúa Gran Vía que case corta medio carril de circulación», no que varios condutores se viron sorprendidos ao atoparse con el de súpeto a distinto nivel. Cabe lembrar que estas obras permitirán completar as infraestruturas dun lugar altamente sensible en canto á seguridade viaria, debido a que concentra unha gran afluencia de peóns ao redor das instalacións educativas e deportivas existentes na zona.