Carballo desaconsella o consumo da auga de fontes e mananciais con billa

0 minutes read

O Concello de Carballo desaconsella o consumo da auga de fontes e mananciais porque nalgúns casos non é potable e noutros, a maioría, carece das necesarias garantías sanitarias. Neste momento, seguindo a recomendación da Consellería de Sanidade, o consumo está especialmente desaconsellado nas fontes con billa, posto que non se pode asegurar a desinfección das billas. Fronte ao coronavirus, toma todas as precaucións. Grazas por colaborar e #quedanacasa.