Carballo | Desaparece a regulación semafórica dunha zona de obras da Vila de Negreira

1 minutes read

Veciños da citada rúa alertaban a media mañá deste sábado do perigo que carrexaba circular pola rúa Vila de Negreira, entre as interseccións con Vila de Noia e Vila de Corcubión. A circulación do tráfico quedara regulada semafóricamente o pasado venres ao permanecer unicamente activo, por obras de canalización, un só carril da vía. Para sorpresa dos presentes os semáforos desapareceran e o perigo era evidente. En todo caso a situación permaneceu toda a xornada do sábado sen unha solución e a veciñanza da zona pedía unha actuación urxente sobre o ocorrido para evitar males maiores, que de momento por sorte non se produciron. Trátase dunha vía moi concorrida e próxima ao pavillón deportivo onde este sábado se celebraron varias competicións con equipos foráneos.