- Os participantes de Berocasión presentaron este luns un avance das exposicións que ofrecerán esta fin de semana
O tradicional feirón do 5º domingo de mes, o MercaeDillo do CCA e a Feira do Vehículo de Ocasión, Berocasión, organizada desde a Concellaría de Promoción Económica, serán os eventos comerciais encargados de pechar o mes de agosto por todo o alto en Carballo. Os concesionarios participantes, que este ano son 11, empezaron este lunes a quentar motores presentando na Praza do Concello un avance das exposicións que van ofrecer durante toda a fin de semana nos seus establecementos. Cos representantes do sector estiveron o concelleiro de Seguridade, Feiras e Mercados, Juan Seoane, e o alcalde, Evencio Ferrero.
Tanto Berocasión coma o MercaeDillo do CCA cambian de formato nesta edición 2020 para adaptarse á situación sanitaria que estamos a vivir.
No caso de Berocasión, Automóviles Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, Rebalcars, Antamotor-Nissan, Corgal Automóviles-Kia, Vilas Rama-Citröen, V-Car, Automóviles Juan Lema, Bercauto, Breogán Motor-Toyota e JGCar abrirán de venres a domingo en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Nas súas exposicións haberá unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación.
O Mercadillo do CCA celebrarase tamén do 28 ao 30 de agosto: o venres e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas, e o domingo, de 10:00 a 14:00, en 31 establecementos. En todos haberá as mellores ofertas do verán, con descontos de ata o 70%.