Carballo despídese de Pedro Luis Fernández Pombo

Pedro Luis Fernández Pombo_Facebook

  • Moi coñecido por apoiar a cultura galega, faleceu este venres aos 54 anos

Pedro Luis Fernández Pombo, de 54 anos, faleceu este venres mentres practicaba natación na piscina Carballo Calero, no municipio bergantiñán. Avogado de profesión, sen dúbida será moi recordado no concello por dedicar parte do seu tempo e traballo a visibilizar a cultura galega.

Moi activo tamén na vida social de Carballo, tocaba a gaita e formou parte da directiva de Aires de Bergantiños e o Padroado Fogar de Bergantiños. Coñecido tertuliano en diferentes medios de comunicación locais, tamén foi edil socialista no ano 2007.