Carballo despídese do programa ‘Eu quero Razo-Baldaio’ cunha saída ornitolóxica

Cedida

  • Durante xullo e agosto desenvolvéronse unha vintena de actividades relacionadas co medio ambiente

O grupo naturalista Hábitat guiará este sábado a última actividade do programa “Eu quero Razo-Baldaio” que, un ano máis, puxo en valor o litoral carballés como espazo de ocio sustentable. Nesta ocasión, as persoas participantes poderán achegarse á riqueza ornitolóxica do espazo natural de Baldaio nunha ruta interpretativa dirixida á observación e identificación das aves presentes nel, pero na que tamén se difundirán os recursos e unha serie de boas prácticas para gozar das aves, e dun xeito moi especial da píllara das dunas.

Ao longo destes dous meses desenvolvéronse unha vintena de actividades en colaboración con Hábitat, Adega e Senda Nova, tres entidades implicadas na preservación da riqueza medioambiental do litoral de Carballo. Obradoiros de pegadas da fauna autóctona, rutas polo patrimonio das parroquias da contorna, saídas para coñecer a flora e a fauna ou xornadas de limpeza e de eliminación de especies invasoras foron algunhas das actividades nas que participaron maiores e pequenos, moitas veces en familia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha