Carballo | Desprendementos nunha fachada obrigan á intervención dos bombeiros

1 minutes read

A sorte quixo que non se vise afectada ningunha persoa polos desprendementos de material da fachada dun edificio de Carballo. Pasados uns minutos das nove da noite deste luns varios viandantes deron a voz de alarma ao verse sorprendidos por cascotes de considerables dimensións que caían na beirarrúa desde unha altura dun cuarto piso situado na confluencia da rotonda das rúas Río Anllóns e Fisterra, concretamente á altura do número 2 desta última rúa, ao parecer dunha vivenda deshabitada. Ao lugar acudiron de inmediato os Bombeiros de Carballo, que axudados do camión escaleira procederon a inspecionar a fachada, coa finalidade de retirar os cascotes e valorar a situación da mesma.