Carballo destina 47.000 euros en subvencións ás asociacións culturais

1 minutes read

Poderán solicitar estas subvencións as entidades xuridicamente constituídas de carácter principalmente cultural que estén rexistradas no Concello de Carballo sempre que cumpran ademáis os seguintes requisitos:

  • Desenvolver un programa de actividades culturais, dirixido principalmente á veciñanza de Carballo.­
  • Carecer de fins de lucro e que as actividades non persigan finalidade de lucro.­
  • Que o ámbito de actuación sexa o término municipal de Carballo.­
  • Que teñan a súa sede social no municipio e realicen as súas actividades culturais regularmente no mesmo.­
  • Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente ao exercicio anterior.­
  • Ter un número mínimo de 25 socios/as na data de presentación da solicitude.

Para a concesión destas axudas destinarase un orzamento de 47.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes abrirá o 4 de xuño de 2020 e finalizará o 4 de xullo, un mes despois do levantamento da suspensión de prazos decretada polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Carballo, preferentemente na súa sede electrónica.