- O obxectivo é impulsar as actividades de dinamización empresarial e comercial
Por segundo ano consecutivo, a Concellaría de Promoción Económica de Carballo destina 70.000 euros á convocatoria anual de subvencións destinadas a asociación de empresarios e comerciantes para impulsar acción de dinamización, programas de formación e actividades de promoción económica.
Dende o ano 2015, no que se convocaron por vez primeira estas axudas, os recursos destinados a financiar as actividades das asociacións empresariais e comerciais aumentaron un 159%, pasando de 27.000 a 70.000 euros en só seis anos.
O prazo de solicitude comezou este martes e as entidades dispoñen de 20 días naturais para presentar a documentación pertinente. As bases poden consultarse na sección de Convocatorias da web municipal.