Carballo | Desvalixan un turismo na zona do Monte Neme

A Garda Civil de Carballo investiga o roubo producido este martes nun turismo BMW estacionado xunto á canteira do Monte Neme en Carballo. O coche correspondía a un traballador que realizaba labores de mantemento nos sistemas de redes e radiotelefonía existentes na zona. Ao ser un lugar de difícil acceso este traballador decidiu deixar o turismo aparcado a uns cen metros do seu lugar de destino, pero os amigos do alleo non deron tregua e rompéronlle un portelo traseiro de cada lado para acceder ao seu interior. Desta forma apropiáronse de diversas moedas e unha pequena cantidade de diñeiro en efectivo. Máis elevados foron os danos materiais, ademais dos cristais, o coche tamén sufriu danos nos marcos das portas ao ser forzados cun obxecto punzante. A Garda Civil compareceu no lugar alertada por un veciño da zona que á súa vez contactaron co propietario, residente na área metropolitana da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha