Carballo | Dous detidos tras o intento de roubo nun turismo


Dúas persoas foron detidas a última hora deste domingo en Carballo, cando presuntamente, se dispoñían a roubar nun turismo estacionado nas proximidades do Hiper Gadis situado xunto á rúa Perú. Unhas persoas que se atopaban nas inmediacións recriminaron o feito delituoso aos malfeitores, ao mesmo tempo deron a voz de alarma e mesmo os retiveron ata a chegada dunha patrulla da Policía Local, quen en compañía da Garda Civil se fixeron cargo dos presuntos cacos así como das dilixencias oportunas. Ao parecer, os detidos chegaron a Carballo nun vehículo subtraído en Oleiros e investígase se puidesen estar relacionados con outras actividades delictuosas.