- Carballo acollerá este luns dous plenos, o primeiro ordinario do mes de marzo, e de seguido un segundo extraordinario solicitado pola oposición para tratar os efectos da sentenza sobre a gasolineira da rúa Poniente.
O voceiro do Grupo Municipal de Terra Galega no Concello de Carballo, Andrés Eirís Barca, presentou de xeito telemático no rexistro do Concello unha moción para debater no próximo pleno deste luns 27 de marzo. Eirís afirma que “no Rego da Balsa a altura do IES Parga Pondal existe desde fai moito tempo un problema coas augas residuais e fecais e cando chove un pouco é recurrente que se produzan verteduras directas ao río coma as que está habendo estos días”.
“Moito alardear de iso 14001 e Emas en relación ao medioambiente pero á hora da verdade é unha fachada, pois a realidade di xusto o contrario, coma dicir que gastamos 900.000 € para cuidar as zonas verdes, principalmente para decorar rotondas, cando prácticamente os carballeses e as carballesas non temos unha zona verde onde relaxarnos para ler un libro ou realizar algunha actividade física, eso sí, temos 2 parques caninos, conclúe Andrés Eirís.
Cabe lembrar que despois dese pleno tamén foi convocado un pleno extraordinario, solicitado polos 9 concelleiros da oposición, para que compareza o Sr. Alcalde, Evencio Ferrero, e dea explicacións sobre a sentenza da anulación da licenza da gasolineira da rúa Poniente, onde se tratará nun segundo punto da orde do día a proposta de acordo de non presentar recurso de casación para non alargar máis o proceso.