A Laracha sobe a nivel 3 de alerta por Covid-19


A Laracha está en nivel 3 de alerta por coronavirus tras subir a máis de 21 o número de casos confirmados por PCR. Na Laracha convocouse unha reunión da comisión municipal de seguimento ante a Covid-19 que se celebrou o venres coa participación de membros do grupo de goberno municipal –encabezados polo alcalde, José Manuel López Varela- e do xefe da Policía Local. O mesmo venres estivo en nivel 2, pero este sábado volve a subir ao 3. Coristanco e Malpica mantéñense entre 7 e 14 casos activos, mentres que Carballo mantense en nivel de alerta 2 (entre 14 e 21 casos activos).