A capital de Bergantiños reunirá entre o domingo e o luns a oito equipos e máis de 250 deportistas en busca dunha praza nos sectores nacionais da categoría. O presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, estivo na casa do Concello para presentar a competición, na que colaboran as Escolas Balonmán Xiria e o propio Concello de Carballo. O club carballés estivo representado no acto por José Antonio Rodríguez Fraga, vicepresidente primeiro; Jéssica Posse Díaz, coordinadora, e Toni García, adestrador do equipo masculino; en tanto que por parte do concello asistiron o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero.
CALENDARIO
Domingo 30 de abril CADETE FEMININO
Semifinais – 10:30 horas: SAR RODAVIGO A – OPTICA STUDIO BM. CANGAS – Vila de Noia – 12:30 horas: MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS – BM RODEIRO COOP. O RODO – Vila de Noia Luns 1 de maio CADETE MASCULINO
Semifinais
10:00 horas – GRUPO LEMACO XIRIA A – FOOTPLUS A.D.CARBALLAL – Vila de Noia – 12:00 horas – CISNE COLEGIO LOS SAUCES – CARNES DORIBEIRO-OURENSE PROVINCIA TERMAL – Vila de Noia – 14:00 | Terceiro e cuarto posto feminino – Vila de Noia – 17:00 | Terceiro e cuarto posto masculino – Pavillón CEIP Fogar – 16:30 | Final femenina – Vila de Noia – 18:30 | Final masculina – Vila de Noia – 20:00 | Entrega de trofeos – Vila de Noia