Carballo e a Xunta de Galicia, unidos na loita contra os incendios forestais

  • A Xunta de Goberno Local tamén aceptou a cesión dun terreo a Medio Rural para a instalación de dous módulos temporais que acollerán aos novos equipos do Distrito Forestal II Bergantiños-Mariñas Coruñesas

O concello de Carballo e a Xunta de Galicia acaban de firmar un convenio enmarcado na Consellería do Medio Rural para a prevención e a loita contra os incendios forestais. O documento establece os compromisos adquiridos por cada Administración neste ano 2019 e establece os labores concretos que abrangue o acordo no municipio carballés.

Deste xeito, o Concello comprométese a manter durante tres meses un equipo formado por 1 motobomba e unha brigada composta por 5 operarios (o proceso selectivo xa rematou), que será o encargado de realizar tratamentos preventivos de xeito mecanizado en 200 hectáreas e de xeito manual noutras 10. A Consellería do Medio Rural achegará con esa finalidade unha partida de 67.559,62 euros, dos cales 37.270 proceden dos fondos FEADER.

En relación cos incendios forestais, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou hoxe a concesión á Consellería do Medio Rural dunha superficie de 30 metros cadrados nunha parcela municipal do polígono industrial de Bértoa que albergará dous módulos temporais de 15 metros cadrados cada un, sanitario e estancia de descanso, para as novas brigadas que se incorporarán ao operativo do Distrito Forestal II Bergantiños-Mariñas Coruñesas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha