Carballo e Barreiros avanzan en novas vías de colaboración institucional

Despois da visita realizada no ano 2020, un mes antes da declaración do estado de alarma, a alcaldesa de Barreiros (Lugo), Ana Belén Ermida Igrexa, achegouse este luns de novo a Carballo para seguir avanzando nas vías de colaboración institucional abertas entre ámbolos concellos.

Ana Belén Ermida, que acudiu acompañada pola concelleira Montserrat Porteiro Sánchez, titular das áreas de Igualdade, Educación e Saúde, mantivo unha primeira xuntanza co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes e Participación Veciñal, Daniel Pérez, e despois continuou a xornada de traballo na oficina técnica municipal.

Carballo trata de ser un concello modélico na prestación de servizos, polo que está a recibir continuas visitas por parte de distintas corporacións galegas para coñecer de preto o funcionamento do concello en diferentes áreas, ou tamén, coma neste caso, para abordar a colaboración intermunicipal nos procesos de selección de persoal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha