35
Este sábado tivo lugar o “1º Intercambio Lingüístico en liña” promovido pola Asociación de Irmanamento de Carballo con L´Isle Jourdain en colaboración cos seus homólogos franceses. Neste primeiro encontro virtual unha quincena de participantes gozaron da oportunidade de expresarse e compartir experiencias nas linguas que unen a carballeses e lilois. O próximo encontro terá lugar o sábado 17 de outubro ás 10:30 horas. As persoas que estén interesadas en participar poden contactar coa Asociación de Irmanamento no correo electrónico info@carballo-lisle.org.