Carballo e LIsle Jourdain renovan o seu irmandamento

  • O alcalde francés pechou a súa estancia en Carballo cunha visita ao Fórum

Moitos puntos en común entre Carballo e L’Isle Jourdain. Empezando por todas as persoas que ao longo destes 25 anos de irmandamento teñen establecidas relacións de amizade para toda a vida. Pero máis alá desas relacións sociais, e tamén culturais, consolidadas grazas ao labor impagable que veñen realizando os comités de irmandamento dende 1994, os concellos tamén están a traballar para acadar puntos de encontro que permitan ampliar a cordialísima relación institucional existente.
A expedición de liloises que se desprazou esta semana a Carballo para conmemorar o 25º aniversario do irmandamento iniciou este venres, a primeira hora da mañá, a viaxe de volta. O alcalde, Francis Idrac, e o director rexional de turismo, José Louis Pereira, marcharon máis tarde, polo que aproveitaron a mañá para manter unha reunión con Evencio Ferrero e visitar o Fórum Carballo acompañados polos concelleiros Marcos Trigo e Milagros Lantes. Esta última xornada de traballo permitiu poñer sobre a mesa diferentes propostas, ideas e posibilidades que agardamos que se poidan ir concretando de cara ao futuro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha