O Sergas notificou cambios sobre os concellos que teñen máximas restricións e continuarán co peche perimetral en solitario. A lista inicial de 17 concellos avanzada polo presidente Feijóo este luns redúcese a 10. Deixan de estar no nivel 1 os concellos de Carballo, Malpica, Cabanas, Aranga, Catoira, Larouco, A Pontenova e Xunqueira de Espadanedo. Pola contra entra nese nivel 1 de restricións máximas o concello coruñés de Curtis. A listaxe publicarase no Diario Oficial de Galicia do xoves e entrará en vigor o venres. Na Costa da Morte, tan só Ponteceso e Corcubión seguen mantendo o nivel máximo de restricións por covid.