A veciñanza de ámbolos dous lugares xa pode solicitar os enganches nas oficinas de Gestagua para que se vaian facendo ao mesmo tempo que a obra. No Igrexario de Lema instalaranse 948 metros de tubaxes e 33 pozos de rexistro, mentres que en Arnados colocaranse 798 metros de rede de saneamento e 26 pozos de rexistro, pero tamén se completará o abastecemento nos puntos que carecen do servizo.
O alcalde, Evencio Ferrero, visitou as obras de abastecemento de auga e saneamento que se están a levar a cabo en Arnados (Razo), dentro dun proxecto que tamén permitirá completar a rede de saneamento no Igrexario de Lema. Os traballos, executados pola empresa Vázquez y Reino, supoñen un investimento de 179.790,37 euros. A mesma empresa executará tamén a rede de abastecemento de auga á Baixa de Sofán.