Carballo | En marcha obras de mellora nos Vilares, en Sísamo

Cedida.

No lugar dos Vilares, en Sísamo, o Concello de Carballo ten previsto actuar en 2.600 metros lineais de vías, nas que se realizará unha limpeza completa antes de proceder á pavimentación con formigón. Serán, en total, 9.000 metros cadrados de superficie. As obras, incluídas no POS+ Adicional da Deputación da Coruña, permitirán adecuar as vías ás aliñacións aprobadas no PXOM, pero tamén completar o o servizo público de abastecemento de auga ás zonas que carecen del. Deste xeito, está previsto colocar 175 metros de tubaxes, dúas bocas de rega e dúas válvulas de comporta. A drenaxe de augas pluviais completa o proxecto, que ten un prazo de execución de cinco meses. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañado polo concelleiro Marcos Trigo, realizou unha visita ao lugar coincidindo co inicio destes traballos.