Carballo, entre os 15 concellos galegos participantes en «Únete ao reto»

1 minutes read

Trátase dunha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, impulsada en colaboración con Ecoembes co fin de fomentar a reciclaxe de envases lixeiros pola vía da concienciación social e mediante a programación ao longo de tres meses de diversas accións de impacto na rúa.

A campaña ten como obxectivo conseguir e incentivar aos concellos participantes para que melloren polo menos nun 10% a porcentaxe das achegas que fixeron ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks) durante o mesmo período do ano anterior.

Aqueles municipios que o logren, recibirán como recompensa 2.000 euros, cantidade que poderán destinar a unha causa social da súa elección, polo que é importante axitar a conciencia social dos veciños e veciñas para acadar un beneficio cunha dobre vertente.

Para cumprir co obxectivo de incrementar nun 10% as súas actuais cifras de recollida de envases, están programadas unha serie de actuacións a pé de rúa coas que se buscará comprometer á cidadanía e animala a implicarse e participar activamente na mellora das taxas de reciclaxe de envases lixeiros.