Carballo, entre os concellos galegos nos que máis vidro se recicla

Colectores de vidro rosa_Concello de Carballo

  • Na rúa Coruña instaláronse uns colectores de cor rosa para contribuír á loita contra o cancro

Carballo é, despois das setes grandes cidades galegas, o concello no que máis vidro se recicla segundo os datos facilitados por Ecovidrio: no ano 2019 recicláronse no municipio un total de 718 toneladas de envases de vidro, o que supón unha media de 22,9 quilos por habitante.

Os colectores de cor rosa, que en Carballo se atopan na rúa Coruña, son o símbolo da campaña “Recicla vidro por elas”, unha iniciativa de Ecovidrio que chega por primeira á localidade carballesa para colaborar coa Asociación Española contra o Cancro (AECC).

No concello están instalados un total de 309 iglús nos que depositar os envases de vidro, é dicir, hai un colector por cada 101 habitantes. Utilizalos correctamente permitirá contribuír ao desenvolvemento sostible, fomentar a transición cara a economía circular e loitar contra o cambio climático.