En Carballo, grazas ao programa ‘Ti tes a chave’, cada mes envíase a Sogama máis de 25.000 quilos de residuos orgánicos para o seu tratamento na planta de compostaxe. Unha parte do compost producido en Cerceda regresa ao concello para que poida ser utilizado nos xardíns públicos, pero tamén polas persoas que están contribuíndo a que se poida pechar o círculo da xestión dos bio-residuos.
Grazas á colaboración de Sogama, Urbaser e Dixardín, esta semana realizarase un novo reparto de compost coincidindo co mercado do xoves. Tanto se tes a chave dos colectores marróns como se tes un composteiro doméstico poderás achegarte ao posto ubicado na rúa Coruña para recoller a túa bolsa de balde.
Deste xeito continúan tamén as accións de rúa coas que se trata de seguir achegando á poboación a información necesaria para seguir ampliando a rede de colaboradores na recollida selectiva de residuos orgánicos. Atoparás o posto na rúa Coruña, de 10.00 a 14.00 horas, e poderás adherirte ao programa Ti tes a chave. Entregaranche a chave que abre os colectores marróns e bolsas compostables.