29
Protección Civil de Carballo entregará a domicilio, desde este luns, un total de 288 tarxetas do Concello para compra de alimentos ás familias que teñen o servizo de comedor escolar subvencionado ao 100% para os seus fillos e fillas. As solicitudes recibidas polo departamento de Igualdade e Benestar corresponden a un total de 395 nenos e nenas.