A campaña dos Días Azuis do Comercio Galego posta en marcha pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta e que contou coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia, entregou un novo premio en Carballo. Trátase dun premio dunha tarxeta con 150 euros, que a súa gañadora poderá consumir no comercio galego, e que foi despachado en Aloe Herboristería, polo que a titular do comercio, Lorena Gómez, acompañada da xerente do CCA Carballo, Mª Carmen Freire, lle fixeron entrega deste premio a persoa co boleto gañador, que resultou ser Mercedes Gómez Rey, residente en Val do Dubra.
Na zona entregáronse en total 4 premios
Entre os sete premiados con 300 euros na provincia da Coruña están Javier Couto, de Baio, e Estrella Rey de Vimianzo. E entre os 13 premiados con 150 euros figuran, Mercedes Gómez de Carballo e Marilúz Varela de Ponteceso. As compras na comarca realizáronse, ademais do citado na Herboristería Aloe (Carballo), en Parafarmacia Horizonte (Baio), Calzados Yolanda y Daniel (Vimianzo) e Textil Fogar Sandra (Ponteceso).