30
O Centro Comercial Aberto de Carballo fixo entrega dos premios correspondentes ao penúltimo dos sorteo da campaña de Nadal desenvolta pola entidade.
Os gañadores foron: Manuel Villar Rodríguez, Emilio Teijeiro Recarey, Rosángela Nonas da Paixón, Dolores Pombo Eirís e Jesús Rodríguez Cancela. Todos recibiron os seus cheques compra, por valor de 50 € cada un, de mans do presidente do CCA, Ricardo Pallas.
O sorteo final, da paga de 300 € mensuais durante todo o ano 2021, terá lugar este domingo 10 de xaneiro, ás 14:00 horas, na propia Praza do Concello onde está situada a urna que recolleu as papeletas participantes.