Ás 10:30 horas da mañá deste luns produciuse un accidente de tráfico no quilómetro oito da estrada provincial que une Carballo e Portomouro, a DP-1914, ao seu paso polo lugar de Taboada na parroquia carballesa de Entrecruces. Unha furgoneta da marca Volkswagen saíuse da vía e esta envorcou. Unha persoa resultou ferida. Un carril de circulación estivo cortado durante varios minutos. Tras o aviso pasado polo 112 Galicia ao lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico que sinalizou o accidente, regulou a circulación para a retirada da furgoneta por un guindastre e levantou o correspondente ateigado. Cabe destacar que este punto en concreto é un tramo de alta concentración de accidentes, onde a velocidade da vía está perfectamente sinalizada e limitada a 50 Km/hora.
33
