Carballo | Érguete traballa a inserción sociolaboral de dez presos con terapia canina

1 minutes read
  • Trátase de persoas que están no tramo final da súa condena

A Fundación Érguete, en colaboración co Concello de Carballo, puxo en marcha un obradoiro de terapia canina para mellorar e fomentar as competencias persoais dun grupo de dez persoas que se atopan no cárcere cumprindo o tramo final da súa condena. Nesta actividade participa a escola canina Meu Can, cunha gran traxectoria colaborando con este colectivo.

A metodoloxía destes talleres é tentar crear un vínculo afectivo e emocional entre o usuario e o can fomentando a empatía con exercicios que se centran no traballo en equipo e a conexión de grupo, a atención, o respeto ou a concentración. Este tipo de actividades permitirán aos participantes traballar na súa inserción sociolaboral.