Carballo establece restricións de auga nos servizos públicos

Mónica Noya.

Augas de Galicia confirmou este luns que a seca persistente dos últimos meses e as previsións meteorolóxicas para o que queda de mes auguran un verán complicado na conca fluvial do Anllóns. Aínda que a situación agora mesmo é de relativa normalidade para esta época do ano, segundo os datos ofrecidos polos técnicos do departamento autonómico, dende Augas recomendaron aos concellos participantes que se anticipen “ao que poida vir” activando as medidas previstas nos plans municipais de emerxencias contra a seca para a situación de prealerta na que nos atopamos.

Tras a xuntanza con Augas de Galicia celebrouse outra entre responsables técnicos e políticos do Concello de Carballo na que se acordou establecer unha serie de restricións que polo momento só afectarán aos servizos públicos, e que son as seguintes:

  • Eliminar os baldeos agás por causa xustificada
  • Pechar todas as fontes ornamentais
  • Intentar reducir ao máximo os consumos municipais
  • Limitar as regas das zonas verdes, que se farán en días alternos e reducindo o tempo
  • Colocar nas duchas das praias carteis informativos para que as persoas usuarias procuren abrir a auga o mínimo tempo posible
  • Trasladar á poboación unha serie de consellos básico