Carballo | Pechada por obras a rúa Vila de Laxe

Estas obras permitirán completar as infraestruturas viarias dunha zona altamente sensible en canto á seguridade viaria, posto que concentra unha gran afluencia de peóns arredor das instalacións educativas e deportivas existentes. Despois das actuacións de mellora da seguridade viaria realizadas no perímetro deses equipamentos, o obxectivo agora é estendelas a outras rúas do ámbito. O proxecto foi adxudicado o pasado mes de agosto en Xunta de Goberno Local á empresa Excavaciones y Obras Candal S.L. por 217.650,66 euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha