Carballo | Este luns sesión ordinaria do pleno da corporación

1 minutes read
Pleno ordinario Carballo 29 xuño_Concello

Este luns 29 celébrase a sesión ordinaria de pleno correspondente ao mes de novembro, que comezará cun minuto de silencio na memoria das vítimas de violencia machista e coa aprobación da Declaración institucional do Concello de Carballo con motivo do 25N. Entre os temas máis importantes a tratar figura, no punto catro da convocatoria, o anexo de expropiacións do anteproxecto para a remodelación integral do Parque de San Martiño, construción de motas de protección fronte as enchentes, incluído no plan de xestión específico realizado por Augas de Galicia na Área con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSI) do río Anllóns.