Carballo este sábado | “Historias fabulosas, dous magos e outras cousas”, con Ian e Elisa


A cita será ás 11:30 horas na Biblioteca Rego da Balsa, dentro doutra das propostas incluídas no programa de animación á lectura Ler Conta Moito. Nesta cita, Ian & Elisa reúnen maxia e sombras chinescas usando contos e fábulas como fío conductor facendo que grandes e pequenos/as desfruten dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación. Esta actividade está dirixida a nenos/as de 6 a 12 anos máis unha persoa adulta acompañante por neno/a. A inscrición realizarase telefonicamente, no número 981 75 85 80 en horario de apertura da biblioteca (de luns a venres, de 10:30 a 18:30 h.). tamén se poderá seguir a actuación en streaming, nas redes sociais de Bibliotecas Carballo, Concello de Carballo e Cultura Carballo.