Carballo este xoves | “O marrón, o contedor que devolve a vida”

1 minutes read

Baixo o lema “O marrón, o contedor que devolve a vida”, Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e  Vivenda, e no marco da Semana Europea da Prevención de Residuos, leva a cabo unha campaña orientada a potenciar o uso do quinto contedor (de cor marrón) en tres concellos pioneiros na instauración do mesmo, entre os cales figura o de Carballo.

Coincidindo co mercado, este xoves 25 de novembro estará instalado un punto informativo, que estará atendido por educadores ambientais especializados en xestión sostible de residuos, a fin de abundar nas boas prácticas vinculadas á redución, a reutilización e a reciclaxe e, máis especificamente, na importancia de valorizar a materia orgánica a través da súa transformación en compost de calidade. Os monitores centraranse en lembrar o que debe e non debe depositarse neste recipiente, e resolverán as dúbidas trasladadas polos cidadáns en relación á correcta xestión dos refugallos urbanos.