Os servizos municipais do Concello de Carballo afectados polo cesamento de actividade que vén de decretar a Xunta de Galicia desde o 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro son os seguintes:
- Todas as instalacións deportivas municipais permanecerán pechadas ata o 17 de febreiro.
+ info carballodeporte@carballo.gal
- As bibliotecas tamén estarán pechadas. Na Biblioteca Rego da Balsa poderán realizarse as devolucións na caixa de correo da entrada.
+ info biblioteca@carballo.gal
- O CMUS impartirá as clases de xeito telemático. O profesorado de cada materia porase en contacto coas familias.
+ info equipo directivo e profesorado
- A Escola de Idiomas suspende a actividade lectiva presencial e impartirá as clases de maneira virtual.
+ info https://sites.google.com/site/eoiseccioncarballo/
- O Museo de Bergantiños e a Oficina de Información Turística permanecerán pechados ao público tamén ata o 17 de febreiro.
+ info museo@carballo.gal
- O Coworking Carballo reduce o seu horario de apertura ao público, de xeito que funcionará de 09.00 a 18.00 horas.
+ info coordinación@coworkingcarballo.gal
O xoves 28 de xaneiro ás 10:00 horas reunirase a comisión de seguimento da COVID-19 no concello, que podería adoptar medidas complementarias.