O contratempo produciuse ás 9 da noite deste mércores na rúa Doutor Fleming. A señora camiñaba pola beirarrúa, á altura do número 12, e nun momento dado movéuselle unha peza do calzado que levaba posto e esborrallouse contra o chan, golpeándose fortemente nun ombreiro. En primeira instancia foi atendida por varios usuarios da rúa e por unha patrulla da Garda Civil que se achegou ao momento. Acto seguido unha ambulancia do 061 trasladouse ao lugar para evacuar á ferida ao centro médico, acusada dunha forte dor nun brazo e ombreiro.
Carballo | Evacuada en ambulancia unha muller tras caer na rúa
Ambulancia en el PAC de Carballo.