Carballo | Evacuado de urxencia en Entrecruces cun golpe na cabeza

Unha persoa foi evacuada de urxencia por unha ambulancia do 061 a última hora deste domingo do lugar de Taboada na parroquia carballesa de Entrecruces. Un particular contactaba pouco antes das 22 horas co 112 Emerxencias Galicia, informando de que unha persoa podería necesitar asistencia médica ao atoparse aparentemente ferida. Desde o 112 mobilizaron aos servizos sanitarios e tamén se pasou aviso á Garda Civil, que enviou unha patrulla ao lugar. Tras a evacuación do ferido, un coñecido das forzas da orde con numerosos antecedentes, investíganse agora as causas do ocorrido, por se puidese tratarse dunha caída ou pola contra dunha pelexa ou unha agresión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha