49
Un home de mediana idade resultou ferido na tarde deste domingo en Carballo. Segundo testemuñas presenciais consultadas por este medio esta persoa sufriría un forte golpe na cabeza, presuntamente cunha botella. O agredido quedou tendido no chan sangrando abundantemente e o agresor, en primeira instancia, deuse á fuga. Os feitos sucederon sobre as sete da tarde nas confluencias das céntricas rúas Vicente Risco e Avenida de Finisterre. Unha ambulancia do 061 trasladou ao ferido de urxencia ao centro médico carballés. Á espera da súa evolución, as forzas da orde iniciaron unha investigación para tratar de esclarecer con detalle todo o ocorrido.