Carballo | Evacuado en ambulancia tras unha colisión múltiple en Bértoa


O accidente produciuse pasados uns minutos das tres da tarde deste xoves na AC-552, nun punto próximo á igrexa de Bértoa. Tratouse dunha colisión por alcance entre tres turismos. O ocupante dun deles tivo que ser evacuado do lugar en ambulancia ao hospital. O 112 Emerxencias Galicia mobilizou ao 061, aos Bombeiros, á Garda Civil e á Policía Local de Carballo. Foi necesario regular o tráfico rodado, dado que os turismos accidentados ocupaban totalmente un dos carrís de circulación.