Carballo | Evacuado un neno en helicóptero do campo de fútbol das Eiroas


Un neno que participaba nun torneo no campo de fútbol das Eiroas en Carballo tivo que ser evacuado de urxencia en helicóptero a un centro sanitario tras ser atendido en primeira instancia no propio terreo de xogo logo dun choque fortuito con outro neno no transcurso dunha xogada. Ao lugar acudiron tamén Protección Civil, dúas patrullas da Policía Local, así como a Garda Civil de Carballo.