Segundo a versión das testemuñas, un turismo Kia Ceed cun único ocupante no seu interior circulaba dirección a Bértoa pola Avenida de Bergantiños de Carballo pasados uns minutos da unha da tarde. Á altura do número 84, ao parecer, outro turismo que circulaba en dirección contraria invadiu o seu carril, polo que o primeiro fixo unha manobra disuasoria brusca e terminou caendo a unha leira por un terraplén duns tres metros de altura. O condutor, un mozo veciño de Carballo, quedou atrapado polas pernas no interior do vehículo e cunha brecha na cabeza, sendo necesaria a intervención dos Bombeiros de Carballo para poder liberalo. Acto seguido foi evacuado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Ao lugar tamén acudiu Protección Civil e a Policía Local de Carballo, e investíganse todas as causas que rodean a este suceso.
A zona é altamente perigosa, debido a varios conceptos como a alta densidade de tráfico de todo tipo que soporta, a falta de espazo para peóns, non hai beiravía nin acera.
