Carballo executa as obras de aglomerado entre Bolón (Sofán) e Vilar de Francos (Artes)

1 minutes read

O Concello de Carballo realiza un investimento de algo máis de 225.000 euros, que permitirá pavimentar toda a vía con aglomerado (8.400 metros cadrados) e dotala dunha anchura mínima de 5,50 metros. Así mesmo, ademais de limpeza de gabias, drenaxe e sinalización, a actuación prevé a instalación de 1.300 metros de tubaxes para o abastecemento de auga nos núcleos de Bolón, A Pontenova, A Calzada e Vilar de Francos. As obras que se están executando por parte da empresa Canarga foron supervisadas este martes polo alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Obras e Servizos, Luis Lamas e Miguel Vales, respectivamente.