Carballo expón «20 anos de Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís»

O Pazo da Cultura de Carballo acolleu este mércores a inauguración da exposición do 20 aniversario do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Do 20 de marzo ao 20 de Abril estará aberta esta exposición que recopila as 93 obras galardoadas ao longo deses 20 anos.

Ademáis tamén foi presentado o catálogo recopilatorio das mellores imaxes dos últimos dez anos, editado polo Concello de Carballo coa colaboración da Deputación da Coruña.

A exposición pode verse de 17:00 a 21:00 horas nos andares -1 e 3º do Pazo da Cultura.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha