Carballo fai balance dos actos programados na Fundación Manuel Facal

4 minutes read

Dentro do convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Fundación Manuel Facal, organizaronse un total de doce actividades de Homenaxe polo 80º aniversario do artista Manuel Facal, que se desenvolveron entre os meses de xullo e novembro deste ano 2023 e con entrada libre para o público interesado.

AGASALLO ao artista do cartel do concurso de pintura do ano 1987. Día 20 de xullo na casa do concello, entregado polo alcalde Evencio Ferrero.

PRESENTACIÓN do  cartel e díptico coa programación dos actos de homenaxe polo 80 aniversario de Manuel Facal. Día 6 de setembro no Museo de Bergantiños.

PROTOCOLO DE CONVENIOS acto de sinaturas entre a Fundación e o Concello de Carballo. Día 6 de setembro no Museo de Bergantiños.

VISITA GUIADA polo edificio familiar situado no nº38 da rúa do Sol. Día 6 de setembro na Casa Facal Ponte, coa colaboración de Manuel Tuset.

PRESENTACIÓN do anteproxecto de rehabilitación do edificio familiar para sede da Fundación e Centro de Arte Contemporánea Manuel Facal. Día 8 de setembro na Biblioteca Rego da Balsa, cos arquitectos Diego Díaz e Gustavo Figueira.

PRESENTACIÓN do proxecto de festival galego-lusófono de jazz de Carballo CARBAJAZZ.

Día 15 de setembro no Casino 1889, coa colaboración de Xavier Graña.

CONCERTO DE MÚSICA en directo do grupo de jazz Lois Rivera Quartet. Día  15 de setembro no Espazo Casino 1889, cuarteto formado por Lois Rivera, Alber Grela, Miguel Piñeiro e Brais Villar.

EXPOSICIÓN da carpeta Cenizas del amor – Ashes of love en colaboración con seis poetas e con catorce gravados do artista do ano 1985. Día 28 de setembro no Casino 1889.

CONFERENCIA de Xavier Seoane sobre A obra artística de Manuel Facal. Día 28 de setembro no Casino 1889.

MESA REDONDA sobre A experiencias de tres fundacións galegas con representantes das de Manuel Moldes, Eduardo Pondal e Uxío Novoneyra. Día 5 de outubro no Casino 1889 con May Díaz, Luz Imia e Eudosio Álvarez.

MESA REDONDA sobre As artes plásticas contemporáneas en Galicia con Correa Corredoira,Manuel Vilariño e Xosé Antón Castro. Día 19 de outubro no Espazo Casino 1889.

PERFORMANCE de Antón Reixa que presenta ConCerto DesconCerto. Día 3 de novembro no Casino 1889, e coa  colaboración de Antonio Segade.

O balance xeral foi moi positivo, entre outras razóns, pola boa asistencia de público a todos os actos, o nivel das temáticas abordadas, coñecemento das materias polos seus relatores, o interese amosado polos participantes nos debates e a repercusión nos medios de comunicación tanto a nivel comarcal como galego.

A idea era dar a coñecer a Fundación e os seus principais obxectivos que son: conservar, difundir e estudar a obra do artista Manuel Facal; consolidar o futuro Centro de Arte Contemporánea; organizar exposicións temporais e itinerantes; convocar cursos, talleres, seminarios, simposios e conferencias sobre arte contemporánea e poñer a disposición dos investigadores as coleccións culturais, bibliográficas, artísticas e documentais que constitúen o patrimonio da Fundación.

A Comisión Organizadora da Homenaxe estivo formada por: Maruxa Suárez, concelleira de Cultura; Ánxeles Pacoret, concelleira de Bibliotecas e Arquivos; Ángeles Ares, pola Asociación Cultural Lumieira; Laura Méndez, do Casino 1889; Xan Fernández Carrera, polo Instituto de Estudos Bergantiñáns; Miguel Anxo Fernán Vello, de Espiral Maior Foro; Eva Facal e Xaime Díaz, representando á Fundación. A Comisión quere reiterar o agradecemento ao Museo de Bergantiños, á Biblioteca Rego da Balsa e ao Espazo Casino 1889 a cesión dos seus locais e a colaboración do seu persoal nas actividades programadas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?