Carballo | Falece o carballés de 54 anos agredido este martes en plena rúa

O suceso causu conmoción e unha gran expectación na zona escolar.

Manuel Gómez Fondo, de 54 anos de idade, faleceu a última hora da tarde deste martes no Chuac ao non recuperarse das feridas recibidas tras ser agredido ás seis da tarde en plena rúa en Carballo. Tal e como viñemos informando logo da alerta dada polo 112, Manuel transitaba pola rúa Vila de Corcubión, enfronte ao instituto Alfredo Brañas, cando tivo un rozamento dialéctico cun mozo de cor, que resultou ser Julio César A.R. de 25 anos de idade, de nacionalidade colombiana e, de momento, sen poder acreditar a súa residencia en España. Segundo o relato dalgunhas testemuñas, Manuel continuou a marcha e Julio César atacoulle presuntamente con patadas e golpes por detrás, polo que Manuel lesionouse fortemente a cabeza contra unha columna de formigón e ao caer contra o chan. A partir dese momento montouse un amplo dispositivo de seguridade para socorrer ao ferido e deter ao presunto agresor. Cuestións liquidadas con éxito en poucos minutos grazas á colaboración cidadá, a intervención da Policía Local e a Garda Civil de Carballo, así como os medios sanitarios que xa entubaron a Manuel no lugar dos feitos, en vista da súa evacuación a unha ambulancia medicalizada para o seu ingreso no Chuac dada a gravidade das súas lesións, aínda que finalmente nada puideron facer por salvarlle a vida. A Policía Xudicial da Garda Civil realizou tamén un minucioso traballo durante parte da tarde, en aras de esclarecer todo o ocorrido.