viernes, 29 mayo , 2026

Carballo | Ferida unha muller ao precipitarse co seu coche á praia de Razo

1 minutes read

O suceso produciuse pasadas as once e média da noite deste venres. O 112 Emerxencias Galicia, tras a chamada de varios particulares, recibía o aviso de que un turismo se precipitara desde unha zona próxima ao lugar coñecido como O Cordobés, cantil abaixo ata terminar no areal. Con eses datos mobilizouse a unha Ambulancia do 061, pasouse aviso á Garda Civil, á Policía Local e aos Bombeiros de Carballo. Unha vez no punto os servizos de emerxencia puideron comprobar a magnitude do sinistro, o coche subira a beirarrúa, rompendo a balaustrada de protección de madeira e precipitouse por un desnivel duns quince metros á praia. Xunto ao turismo localizaron a unha moza ferida, que foi estabilizada no punto e evacuada en ambulancia. Investíganse agora as causas que derivaron neste atípico accidente.