Carballo | Ferida unha persoa nunha saída de vía en Berdillo

0 minutes read
Ambulancia en el PAC de Carballo.

Unha persoa resultou ferida de consideración ao quedar atrapada dentro do seu turismo tras sufrir unha saída da vía cando circulaba pola estrada AC-413. Os feitos ocorreron ás 8 da tarde deste xoves á altura da Feira de Berdillo. A esa hora o 112 Emerxencias Galicia solicitaba a intervención dos profesionais sanitarios para acudir ao accidentado, tamén se lle pasaba aviso aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos Bombeiros e Protección Civil de Carballo. Finalmente a persoa ferida foi trasladada ao centro médico de referencia.