Un choque por alcance entre dous turismos saldouse este venres cunha persoa ferida de gravidade en Bértoa – Carballo. O accidente produciuse pasados uns minutos das dúas da tarde na AC-552, a 200 metros da rotonda que dá acceso ao polígono industrial. Unha furgoneta isotermo, Mercedes Vito, alcanzou por detrás a un turismo e coa violencia do impacto o condutor da furgoneta quedou atrapado e inconsciente no seu interior, sendo reanimado e evacuado polos servizos de emerxencia. O 112 Emerxencias Galicia enviou ao lugar unha ambulancia do 061, os Bombeiros de Carballo, á Policía Local e á Garda Civil. Un dos carrís estivo cortado e producíronse importantes retencións de tráfico.