18
Un home de mediana idade resultou ferido este venres cando se atopaba traballando nunha empresa metalúrxica do polígono carballés de Bértoa. O 112 Emerxencias Galicia deu a voz de alarma e ao lugar mobilizou unha ambulancia do 061. O traballador sufrira unha caída a nivel e afectábase dun forte golpe. Os profesionais de Emerxencias aconsellan ter especial coidado co calzado gastado ou mollado, que pode restar adherencia e provocar resbalóns ou caídas, máis se cabe cando se traballa con materiais pesados, punzantes ou de corte, nos que convén en todo momento utilizar todas as proteccións posibles.