Carballo | Ferido un veciño de Lema nun accidente de tractor

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Un home tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, logo de resultar ferido ao envorcar o tractor que manexaba no lugar de Chamusqueira, na parroquia de Lema. Os feitos sucederon na tardes deste xoves á altura do número 23. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo indicou o persoal sanitario, o home estaba liberado e accesible. A partir de aí, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención dos axentes da Garda Civil.